Hoxe presentámosvos a sétima xornada (e última da primeira volta) da Liga Senior Provincial. Os partidos desta fin de semana serán:
O primero encontro da tarde será o CB Xuventude Verín (3-2) vs. Molgas Academia Proxecto (1-3) que se disputará o sábado (13 de decembro) as 17.00 horas no Pavillón Municipal de Verín. se dúbida un encontro onte o Verín tentará manter a súa sorte de vitorias. Pola súa parte Molgas buscará a súa segunda vitoria do campionato.
O segundo partido da xornada será o que mide a Aceites Abril Bosco (3-2) e a Viña do Campo (1-3). Pouco a pouco o Aceites Abril, un dos favoritos a priori, vai escalando posicións na táboa clasificatoria, de tódolos xeitos rematará esta primeira volta con dous partidos xogados menos. Pola súa parte Ribadavia, coa súa recente fichaxe: Dani Pascual, intenta conseguir unha nova vitoria tras dúas semanas parados e á espera do fallo do comité de competición sobre o seu partido en Molgas. O encontro será as 18.00 horas no Pavillón do Colexio Salesianos.
O último partido deste sábado será que nos enfronte a nós con Celanova. Celanova chega ao partido tras vencer ao Aceites Abril e colocado de segundo na táboa clasificatoria, contando cun balance de 3 vitorias e 2 derrotas. Nós chegamos a Celanova cun balance de 4 vitorias e 2 derrotas sabendo o complicado que é vencer a Celanova máis se cabe a domicilio. O partido disputarase ás 20.45 hora no Pavillón Municipal de Celanova.
E como colofón á xornada o domingo disputarase o Inegal-Lagoas (2-4) vs. ABO Ourense Termal (3-2). Ambolos dous equipos chegan ao partido querendo cortar a súa sorte de derrotas: os locais acumulan 4 seguidas mentres que os visitantes 2. O encontro disputarase o domingo ás 17.00 horas no Campo da Feira.
jueves, diciembre 11, 2008
Xornada 7: Previa
por Club Baloncesto OGT
Etiquetas: Agenda
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 amigos han dicho:
Publicar un comentario en la entrada